Ao final, tiveches razón… (Gallego)

Ao final, tiveches razón…

Foron tantas as veces
que me dixeches que non eran miñas,
que nunca o foron…
Tantas! Que agora non importa
canto me mire
no espello das túas palabras
… non logro recoñecerme.

Lerte, hei de admitir, foi o último e desesperado recurso para rescatar algo noso, do esquecemento… o que tivese quedado. Desfixen os caixóns, revolvín os armarios e desempoei cada abertura dos baúis de madeira que tanto che gustaban. Nada!

Aqueles versos tan teus, que saltaban ante os meus ollos, palabra a palabra, e que fuches tatuando na miña pel de nena, xa non estaban… ou máis ben, si… eles seguían alí, pero eu era incapaz de recoñecerme neles. Morreran todas as bolboretas que naceran da túa boca para ir durmir nos meus oídos… e dende alí, peregrinar ata o meu estómago, para provocar aquel feliz desasosego que aprendera a amar.

Ti quebráchesme… cunha crueldade insaciable, rompiches a miña inocencia como quen quebra as costas a un animal perigoso e malferido. Ensináchesme a quererte, tan só para invalidar a miña capacidade de seguir crendo. E comprei no mercado da túa culpa, barbaries e vergoñas… ata cuestionarme onde fallara.

Todo canto quixen de ti, foime negado…

(Xa non podo… xa non podo seguir escribíndo-che…)

Si! Xa sei que sempre volves,
ou son eu a que sempre regreso…
Mais… Agarda!
Miro ao meu arredor
e non vexo nada… ninguén.
Esta vez, só queda o baleiro,
enchéndoo todo.

Os dous sabiamos
que tarde ou cedo
… tiña que suceder.

©V.H. para T.B. (2013)

by-irina-dzhul
by Irina Dzhul

2 comentarios en “Ao final, tiveches razón… (Gallego)”

Huellas